Ampliación, en decembro, da oferta de formación profesional dual

Ampliación da oferta de formación profesional dual cun proxecto experimental de formación profesional no CIFP As Mercedes, en colaboración coas empresas José Estévez As Ferreiras, S.L.; Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L., e Agrobarreiro, S.L., para que ata 15 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Electromecánica de Maquinaria (MTMV03).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 3 de decembro ata ás 13:00 horas do día 17 de decembro.

Á solicitude de admisión deberáselle achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.

Pode consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

Etiquetas: