A empresa Toyota dona un vehículo ao CIFP Politécnico de Santiago. Galería de imaxes

Entre as accións previstas no convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Toyota España, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional se contempla a implementación do proxecto T-TEP no CIFP Politécnico de Santiago. Polo que a empresa porá a disposición do centro materiais didácticos específicos da marca TOYOTA  que non se comercializan, co obxecto de conseguir mediante e seu estudo un profundo coñecemento da tecnoloxía básica destes equipos.

Para iso no CIFP Politécnico de Santiago habilitouse un aula específica para este proxecto T-TEP que o día 28 de febreiro engadiu ao seu equipamento un vehículo doado pola empresa e que servira para que o alumnado do centro teña un maior coñecemento da tecnoloxía desta marca. 

Ver as imaxes

Etiquetas: