Actividade de formación para o profesorado. Simuladores empresariais na aula.

Dentro do plan de formación permanente do profesorado o día 10 de novembro de 2011 tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a única sesión presencial -4 horas- da actividade Simuladores empresariais na aula, dirixida a Profesores de ensino secundario das especialidades de Economía, Formación e orientación laboral, Organización e xestión comercial, Administración de empresas, Xeografía e historia e a Profesores técnicos de formación profesional das especialidades de Procesos comerciais e de Procesos de xestión administrativa.

A inscrición nesta actividade de formación é preciso realizala na aplicación fprofe, utilizando na súa busca a referencia S1101062.

Temporalización:  10/11/2011  -  10/12/2011 
Data límite de inscrición: 08/11/2011
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago
Prazas:  30 
Horas presenciais: 4
Horas non presenciais: 20  (En rede)


Obxectivos

1.Comprender o concepto de simulación empresarial.

2.Coñecer metodoloxías prácticas de formación económico-empresarial.

3.A simulación empresarial como ferramenta de formación. Obxectivos, criterios de aplicación e avaliación da simulación

 

 

Contidos

1.Metodoloxías prácticas de formación económico-empresarial.

2.A simulación empresarial: metodoloxía de formación económico-empresarial de terceira xeración.

3.Aplicación da simulación empresarial como ferramenta de formación en aula ou como actividade extracurricular.

4.Definición de obxectivos da simulación empresarial.

5.Definición de criterios de aplicación e de avaliación.

6.Dirección da simulación empresarial.

7.Operativa da simulación empresarial.