M19002

 

M19002 - Farmacia

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 1300
Código: M19002
Documentación: RD
DOG

 

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de dispensación, venda e distribución de produtos de farmacia e parafarmacia efectuando o cobro, control de caixa e a tramitación administrativa de liquidacións diferidas, organizando a adquisición, recepción, almacenamento e reposición dos produtos e materiais expedidos nos establecementos de farmacia e parafarmacia, e efectuando operacións físico-químicas elementais, baixo a supervisión correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da oficina de farmacia, prestación do servizo e educación sanitaria.

 

En que postos de traballo?
Técnico de oficina de farmacia, en almacén de medicamentos, en farmacia hospitalaria e en establecementos de parafarmacia.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Dispensación e venda de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos 290
Elaboración de preparados farmacéuticos e parafarmacéuticos en establecementos de farmacia 215
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 340
Horas á disposición do centro 55
Procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmacia 55
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ás persoas. 130
Realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do persoal facultativo 160

 

Que título se obtén?
Técnico en farmacia

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).