Que se aprende a facer?
Realizar operacións de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.
Onde se realiza o traballo?
Construción e mantemento de vehículos autopropulsados.
En que postos de traballo?
Chapista reparador de carrocerías de automóbiles, maquinaria de obras públicas e agrícola, vehículos pesados, motocicletas e material ferroviario. Instalador de cristais e montador de accesorios. Pintor de carrozarías de automóbiles, maquinaria agrícola e de obras públicas, vehículos pesados, motocicletas e ferrocarrís.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Elementos amovibles | 215 |
Elementos estruturais do vehículo | 200 |
Elementos fixos | 240 |
Elementos metálicos e sintéticos | 240 |
Embelecemento de superficies | 240 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 75 |
Preparación de superficies | 220 |
Seguridade no mantemento de vehículos | 55 |
Que título se obtén?
Técnico en carrozaría
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.