Que se aprende a facer?
Definir solucións construtivas por requirimento do cliente, construír á medida elementos de carpintería e moble, realizar a súa instalación "en obra" en condicións de seguridade e coa calidade requirida e xestionar, no seu caso, unha pequena empresa ou taller.
Onde se realiza o traballo?
Toma de datos e elaboración de propostas, despezamento e mecanizado de materiais, montaxe e instalación, acabados manuais, administración e xestión dunha pequena empresa ou taller e relacións con clientes.
En que postos de traballo?
Carpintaría: Instalador de chan e revestimentos de madeira. Instalador de carpintaría de armar. Instalador de portas e fiestras. Técnico en construción de carpintaría á medida. Mecanizador de madeira. Moble: Preparador-instalador de tabiques e mobles. Técnico en instalación de mobles de cociña e baño. Mecanizador de madeira. Técnico en construción de mobles á medida.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Definición de solucións en carpintaría e moble á medida | 295 |
Fabricación á medida en carpintaría e moble | 365 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Instalación e acabado en carpintaría e moble á medida | 240 |
Materiais e produtos en industrias da madeira | 130 |
Operacións básicas de mecanizado en carpintaría e moble á medida | 320 |
Seguridade na industria da madeira e o moble | 55 |
Que título se obtén?
Técnico en fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.