M13005

 

M13005 - Conserveira vexetal, cárnica e de peixe

Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 1400
Código: M13005
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de elaboración e envasado e aplicar os tratamentos de conservación dos derivados cárnicos, vexetais, de peixe e cociñados nas condicións establecidas nos manuais de procedemento e calidade. Manexar a maquinaria e os equipos correspondentes e efectuar o seu mantemento de primeiro nivel.

 

Onde se realiza o traballo?
Loxística de almacén (recepción, almacenamento, subministración e expedición de materias primas e produtos) e de produción (preparación de equipos, procesado das materias e control do proceso e do produto).

 

En que postos de traballo?
Elaborador de produtos cárnicos, conserveiro de produtos cárnicos, salgador, curador, elaborador de peixe e derivados, conserveiro de peixe, elaborador de conservas vexetais, conserveiro, elaborador de encurtidos e olivas, elaborador de conxelados e ultraconxelados, elaborador de precociñados, operador-controlador de autoclave, envasador, operador-controlador de liña de envasado, pechador, especialista en tratamentos de frío,  recepcionista de materias primas, etc.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Envasado e embalaxe 80
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Hixiene e seguridade na industria alimentaria 110
Horas á disposición do centro 50
Materias primas, procesos e produtos na industria conserveira 160
Operacións básicas de elaboración de conservas 210
Operacións e control de almacén 55
Sistemas de control e auxiliares dos procesos 80
Tratamentos finais de conservación 160

 

Que título se obtén?
Técnico en conserveira vexetal, cárnica e de peixe

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).