M12003

 

M12003 - Perrucaría

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: M12003
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Potenciar a imaxe persoal e asesorar a clientela, aplicar técnicas de peiteado para o coidado e embelecemento do cabelo e técnicas complementarias de manicura, pedicura, arranxo e rasurado de barba e bigote, en condicións de calidade e seguridade e hixiene óptimas. Administrar, xestionar e comercializar un salón de peiteado desenvolvendo adecuadamente a actividade empresarial baixo a supervisión correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?
Prestación do servizo de salón de peiteado, márketing e vendas, así como na administración e organización da empresa.

 

En que postos de traballo?
Dirección técnico-artística de salóns de peiteado, estilista, peiteador, manicuro e barbeiro.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Anatomía e fisioloxía humanas básicas 105
Cambios de cor no cabelo 180
Cambios de forma no cabelo 215
Corte de cabelo e técnicas complementarias 180
Cosmetoloxía aplicada á perrucaría 160
Dirección técnico-artística 130
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perrucaría 55
Horas á disposición do centro 80
Peiteados, acabados e recollidos 215
Técnicas básicas de manicura e pedicura 55
Tratamentos capilares 110

 

Que título se obtén?
Técnico en perrucaría.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).