Que se aprende a facer?
Organizar e realizar os traballos de obras de revestimentos continuos, en placas e/ou en láminas, e a montaxe e fixación de paneis prefabricados en condicións de seguridade e calidade establecidas, comprobando e dispondo os medios de seguridade da obra.
Onde se realiza o traballo?
Produción e execución, seguridade, calidade e toma de mostras e ensaios de obra.
En que postos de traballo?
Sollador, colocador de azulexo, pavimentador, lucidor-escaiolista-revocador, pintor, empapelador, enteador, enmoquetador, instalador de solos industriais, instalador de pavimentos sintéticos, teitador en materiais sintéticos e en metal, cristaleiro, instalador de solos técnicos, instalador de placas en teitos e montador de estadas.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Organización dos traballos de acabados de construción | 320 |
Paneis prefabricados | 135 |
Pavimentación e colocación de azulexos | 345 |
Pinturas e vernices | 185 |
Revestimentos continuos conglomerados | 200 |
Revestimentos en láminas | 110 |
Seguridade na construción | 110 |
Que título se obtén?
Técnico en acabados de construción.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.