Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de procesado e tratamento de materiais fotosensibles expostos, axustándose a procesos, procedementos e tempos establecidos e ás especificacións do cliente, conseguindo a calidade requirida e actuando en condicións de seguridade.
Onde se realiza o traballo?
Realización e control dos procesos do laboratorio de imaxe.
En que postos de traballo?
Técnico de procesado de soportes fotosensibles en cores e branco e negro, técnico de positivado en cores e branco e negro e ampliación, técnico de tratamento de imaxes, técnico de laboratorio de imaxe e técnico en etalonaxe.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 440 |
Horas á disposición do centro | 75 |
Positivado, ampliación e acabados | 215 |
Procesos de imaxe fotográfica | 105 |
Revelado de soportes fotosensibles | 215 |
Tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitais | 215 |
Que título se obtén?
Técnico en laboratorio de imaxe.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.