Que se aprende a facer?
Executar os plans de actuación establecidos para a comercialización de produtos e/ou servizos nas mellores condicións de calidade, tempo, lugar e prezo, e administrar e xestionar un pequeno establecemento comercial.
Onde se realiza o traballo?
Almacenamento, distribución, vendas, atención ao público e clientes, e animación do establecemento comercial.
En que postos de traballo?
Comerciante, empregado de reposición, dependente en xeral e de oficio, encargado de tenda, vendedor técnico, representante comercial, xefe de caixa, empregado de atención ao cliente, almacenista e empregado de axencias comerciais.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial | 130 |
Animación do punto de venda | 160 |
Aplicacións informáticas de propósito xeral | 110 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 440 |
Horas á disposición do centro | 70 |
Lingua estranxeira (inglés) | 110 |
Operacións de almacenaxe | 110 |
Operacións de venda | 160 |
Relacións no equipo de traballo | 55 |
Que título se obtén?
Técnico en comercio.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.