GaliciaSkills 2027. 9º Campionato Galego de Formación Profesional

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca o 9º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2027, que se celebrará no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca no mes de outubro de 2027.

GaliciaSkills 2027 é unha iniciativa clave para a promoción da Formación Profesional, cuxo obxectivo é incrementar a súa visibilidade e proxección dentro da nosa comunidade, destacando a súa relevancia para o desenvolvemento profesional e empresarial.

Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de competicións relacionadas coas distintas especialidades de Formación Profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.

Nesta edición celebraránse un total de 43 modalidades de participación:

  • 31 modalidades de competición.
  • 8 modalidades de demostración.
  • 4 modalidades destinadas a alumnado de programas formativos básicos de Colexios de Educación Especial (CEE).

Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidos con fondos públicos, que impartan ensinanzas de formación profesional durante o curso 2026-2027.

O alumnado competidor debe ter un máximo de 21 anos cumpridos a 31 de decembro de 2027, excepto nas modalidades de Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados, Ciberseguridade e Fabricación aditiva, nas que poderán ter un máximo de 24 anos cumpridos nesa mesma data.

Os centros que queiran participar deberán presentar unha solicitude por cada modalidade mediante os formularios de inscrición:

  • Preinscrición: O formulario de preinscrición estará dispoñible de 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2026.
  • Inscrición definitiva: O formulario de inscrición estará dispoñible de 3 ao 7 de maio de 2027.
Máis información:

Contacto:

 

 

Etiquetas: