GaliciaSkills 2020. 6º Campionato Galego de Formación Profesional

GaliciaSkills 2020

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca o 6º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2020, tras o éxito conseguido nas anteriores convocatorias e referendado polos nosos competidores/as nas edicións dos campionatos nacionais Spainskills e pola presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais Worldskills e Euroskills.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, Galiciaskills 2020 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Este é un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de 28 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Os centros que queiran presentar competidores/as deberán facer efectiva a súa participación cubrindo unha solicitude de inscrición por cada skill no que participen.