Convocatoria proxecto de Formación Profesional Dual

Publicada en DOG a Orde do 10 de xaneiro de 2013 pola que se autoriza un proxecto experimental de formación profesional dual do ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos no CIFP Politécnico de Santiago, en colaboración coa empresa Coremain SLU.

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xaneiro ata as 13.00 horas do día 25 de xaneiro de 2013.
  • As instancias deberán presentarse na secretaría do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago.
  • Os requisitos das persoas solicitantes para acceder a este proxecto de formación profesional dual serán os seguintes:

- Cumprir os requisitos de acceso ao réxime para as persoas adultas establecidos no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

- Ter entre dezaseis e trinta anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato de formación e aprendizaxe.

- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

- Con carácter xeral, non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico. De xeito excepcional, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar a matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual ás persoas aspirantes matriculadas en ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas.

Acceda a Orde do 10 de xaneiro de 2013

 

Información e impresos do proceso de admisión

Etiquetas: