Erasmus +. Información para obtención do PIC e rexistro

Erasmus +: Información complementaria para obtención do PIC e rexistro no URF polos centros educativos que desexen participar no programa.

Cando se solicita aos centros educativos a Data de creación deberá terse en conta:

1) Se fora un centro con data de creación antes da súa transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia deberase pór a seguinte data da transferencia: "1 de julio de 1982" (Real Decreto 1763/1982, de 24 de Xullo, publicado no BOE do 31 de Xullo)

2) Se o centro sufre de transformacións posteriores a esa data que impliquen un cambio na denominación xenérica ou específica, tales como a súa transformación en IES, CIFP, cambio de nome do centro,... deberase pór a data do DOG máis recente no que se recollan esas transformacións. Como documento xustificativo da creación do centro pódese achegar un certificado expedido polo rexistro de centros da Consellería, ou ben o pdf que se xera na web do Rexistro de centros docentes non universitarios.

3) Noutro caso (é dicir, que o centro é posterior á transferencia de competencias e non sufriu transformacións), deberá pórse a data de creación do centro segundo o DOG onde apareza.

Subir documentos a URF

Trala obtención do PIC e no calquera caso antes da presentación da solicitude de fondos, as organizacións deberán subir ao URF os seguintes formularios cumprimentados correctamente.

Os centros educativos son Entidades públicas que deberán completar o documento que poden atopar na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/budget/library/contracts_grants/info_contracts/legal_entities/legEnt_public_es.pdf

As indicacións a seguir neste caso son:

- Forma Legal:

Introducir a expresión "Centro público docente no universitario" para o caso de centros de titularidade pública

Introducir a expresión "Centro privado docente no universitario" para o caso de centros de titularidade privada

- Nome (no documento, Nombre):

Nome oficial do centro, sen abreviar. Exemplo: Centro Integrado de Formación Profesional Someso

- Abreviación:

Exemplo: CIFP Someso

- IVE, (no documento, IVA):

O CIF do centro

 - Lugar de rexistro (no documento, Lugar de registro):

BOE, DOG onde figure a creación do centro, a súa transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia ou a súa transformación en IES, CIFP, cambio de nome do centro...

- Data de rexistro (no documento, Fecha de registro):

Data do BOE, DOG onde figure o rexistro do centro, segundo o criterio do apartado anterior

- Número de rexistro (no documento, Número de registro):

O código do centro

- Representante autorizado:

O director/a do centro

As entidades públicas deberán subir

  • Ligazón para o formulario de entidade legal
  • Copia da resolución, lei, decreto ou decisión pola que se crea a entidade en cuestión ou no seu defecto, calquera outro documento oficial que demostre a creación da entidade en cuestión
  • No caso de centros docentes públicos de nivel non universitario tamén se aceptará:

- un certificado emitido pola autoridade educativa da que dependan indicando a existencia e oficialidade da institución, así como as ensinanzas impartidas na mesma, ou ben,

- unha copia en formato PDF da información referida á institución que apareza na páxina do Registro Estatal de Centros Docentes No Universitarios (RCD) do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte https://www.educacion.gob.es/centros/selectaut.do que obterá premendo no botón xerar pdf que aparecerá toda vez teña seleccionado o centro no formulario web da páxina referida.

As entidades privadas deberán subir

  • Ligazón para o formulario de entidade legal
  • Copia de calquera documento oficial que permita identificar o nome da entidade, o domicilio social e o seu número de rexistro
  • Copia do documento de identificación fiscal se este non figura no documento anterior

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente