Idea
Que é eduemprende Idea?
É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2019-2020 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
- As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
- Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Como participar
Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria. Para presentar a solicitude, o representante do grupo deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias dos/das alumnos/as e do proxecto con que opta aos premios a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que se xunta como anexo I ás bases, e que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.
Dado o nivel educativo en que se atopan os candidatos e a posibilidade de utilizar os recursos de que dispón o centro de ensino a que pertencen, queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, polo que a única vía de presentación da solicitude de axuda será a electrónica.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Información e contacto
Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:
IGAPE:
- http://www.tramita.igape.es
- Teléfono 900 81 51 51
Asesoría de emprendemento:
- eduemprende@edu.xunta.es
- Teléfono 981 54 65 64
Convocatoria 2020
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2020 e toda a información relacionada.
- Resolución do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso eduemprende Idea 2020 (DOG 2 de xuño de 2020)
- Listaxe de proxectos premiados no concurso eduemprende Idea 2020
- Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se da publicidade á resolución de concesión do concurso eduemprende Idea 2020 (DOG 24 de novembro de 2020)
Convocatorias anteriores: