Convocatoria programa Finanzas para mortais 2020-2021

Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

As distintas actividades desta convocatoria comezarán no mes de xaneiro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 22/12/2020.

Etiquetas: