Eduemprende Atrévete Ferrol 2015

O programa consta de actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria e de xornadas de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Está organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra.

As actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria celébranse no CIFP Ferrolterra e as xornadas de fomento para Educación Secundaria Obrigatoria na sede da Asociación de Empresarios de Ferrolterra.

Nesta convocatoria participaron un total de 282 alumnos e alumnas pertencentes as seguintes centros educativos:

  • CEIP A Laxe
  • CEIP Recimil
  • CEIP Plurilingüe San Xoan de Figueira
  • CEIP Isaac Peral
  • IES Fernando Esquío

Colaboraron diferentes empresas da Asociación de Empresarios de Ferrolterra:

- Fabricaciones y montajes eléctricos S.L
- Grupo INTAF
- Horticina S.A

Etiquetas: