Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2020-2021

A quen vai destinado?

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:

  • Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Bacharelato que estean a cursar "Economía".

Cando se vai desenvolver a actividade?

As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse os martes, os mércores e os xoves desde xaneiro de 2021 ata o 31 de maio de 2021.

O horario desenvolverase en dúas quendas:

  • De 9:00 a 11:00 horas
  • De 12:00 a 14:00 horas

Adxudicarase unha actividade por centro, na que poderán participar varios grupos de alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño, e de bacharelato.

A data de inicio do programa será o 12 de xaneiro de 2021.

Como se vai desenvolver? 

  • Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
    Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
    O profesorado programará unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai realizar na fase 1.
    O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula.
  • Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
    O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.

A actividade na Fase 1 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:

  • Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
  • Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
  • Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Solicitude

As solicitudes enviaranse segundo o modelo do Anexo I ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA 2020-2021

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de decembro de 2020.

Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.

  • Denominación do centro
  • Persoa de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Data de preferencia
  • Enderezo electrónico de contacto
  • Grupos de alumnado participante

Selección dos centros

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.

Unha vez sinalada a data de desenvolvemento da actividade no centro, este deberá enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, os datos da/s persoa/s emprendedoras propostas polo centro para a súa participación, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA.

Etiquetas: