Cuestionarios de autoavaliación
O cuestionario de autoevalución é un documento creado para ser usado pola persoa candidata coa finalidade de que reflexione acerca da súa profesionalidade con respecto á unidade de competencia a acreditar e tomar conciencia das competencias profesionais que posúe.
Pode ser realizado:
- Previamente á realización da inscrición no procedemento, o que permitiralle á persoa candidata orientarse e solicitar aquelas unidades de competencia nas que pode ter máis opcións de ser avaliado positivamente.
- Unha vez admitido no procedemento, na fase de de asesoramento, coa axuda do asesor ou asesora.
O resultado do cuestionario de autoevaluación expresa o grao de dominio e/ou autonomía da persoa candidata, nunha escala de 1 a 4, respecto as actividades establecidas no cuestionario.
Para obter o cuestionario de autoavaliación é necesaria a escolla dunha familia profesional, ciclo formativo e/ou cualificación profesional do seu interese; ao premer en "Procurar" listaranse os cuestionarios de autoevaluación relacionados coa escolla.