Convocatoria programa de visitas a Peugeot Citröen Automóbiles España

Atópase aberto prazo de presentacións de solicitudes para participar no programa de visitas á empresa Centro de Produción Citröen Automóbiles España S.A.

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de diferentes niveis educativos no espírito emprendedor.

A convocatoria diríxese ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos de 4º de ESO e 2º de PCPI, que terán a ocasión de coñecer o funcionamento dunha fábrica de automóbiles e os diferentes oficios/profesións que conviven nunha empresa destas características. Ademais terán a posibilidade de coñecer en primeira persoa  as experiencias profesionais de moitos dos seus traballadores/as.

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es.

O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014

Acceda á Convocatoria para o curso 2014-2015

Etiquetas: