Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

Os días 22, 23 e 24 de marzo desenvolverase no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.

FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O alumnado poderá experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizarán sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

Tamén se mostrarán experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.

Etiquetas: