FP Innova Galicia 2019. Xornada formativa

Os días 8 e 9 de maio de 2019 terá lugar no Salón de convencións do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, a xornada formativa do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2019.

Entre os temas que se tratarán nesta xornada formativa, destacan o factor dinamizador da formación profesional na contorna industrial, a incidencia da tecnoloxía 5G na actividade produtiva, o papel das mulleres na área STEM, as novas tecnoloxías no sector marítimo-pesqueiro, o reto da formación profesional na automatización das industrias, e a formación profesional dual.

A inscrición estará aberta ata o 3 de maio de 2019 a través da aplicación fprofe, buscando a actividade con código G1814010.

O profesorado técnico de formación profesional, o profesorado de ensino secundario, os/as orientadores/as educativos/as, o persoal doutras administracións educativas e de empresas colaboradoras que no teña acceso a fprofe, pode empregar o formulario de inscrición para persoal sen acceso a fprofe.

Etiquetas: