IN10 - Mobilidade renovable
- Deseño e montaxe dunha instalación de xeración de enerxía solar fotovoltaica para carga gratuíta de vehículos eléctricos no propio centro.
- Deseño e realización dunha aplicación informática de xestión de quendas e análise do consumo enerxético.
- Demostrar a viabilidade técnica da instalación para achegar enerxía renovable e dotar ao centro dunha instalación didáctica eficiente.
Deseño e instalación dunha instalación solar fotovoltaica para recarga de vehículos eléctricos, así como unha aplicación informática para a xestión de quendas e monitoraxe de consumos, co fin de potenciar iniciativas innovadoras e demostrar a viabilidade de proxectos relacionados coas enerxías renovables, en particular fotovoltaica.
Profesorado do departamento de Enerxía e auga do IES Universidade Laboral de Culleredo e profesorado do departamento de Informática e comunicacións do IES San Clemente.
Alumnado dos ciclos formativos da familia de Enerxía e auga do IES Universidade Laboral de Culleredo e alumnado dos ciclos formativos da familia de Informática e comunicacións do IES San Clemente.
Coordinador: José Ignacio Vila Alonso.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.