S14001

 

S14001 - Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S14001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Desenvolver aplicacións informáticas, participando no seu deseño e realizando a programación, probas e documentación de conformidade cos requisitos funcionais, especificacións aprobadas e normativa vixente.

 

Onde se realiza o traballo?
I+D: análise, deseño, produción e verificación de produtos "software".

 

En que postos de traballo?
Analista-programador, programador e xestor de proxectos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Análise e deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión 265
Desenvolvemento de aplicacións en contornos de cuarta xeración e con ferramentas CASE 220
Deseño e realización de servizos de presentación en contornos gráficos 220
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Programación en linguaxes estruturadas 320
Proxecto integrado 165
Relacións no contorno de traballo 55
Sistemas informáticos multiusuarios e en rede 240

 

Que título se obtén?
Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).