S04001

 

S04001 - Administración e finanzas

Familia: Administración e xestión
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S04001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Organizar e realizar a administración e xestión de persoal, das operacións económico-financeiras e da información e asesora-mento a clientes ou usuarios, tanto no ámbito público como privado, segundo o tamaño e actividade da empresa e organismo e de acordo cos obxectivos marcados, as normas internas establecidas e a normativa vixente.

 

Onde se realiza o traballo?
Administración e finanzas, persoal e recursos humanos, aprovisionamento e comercialización.

 

En que postos de traballo?
Administrativo de oficina ou despacho profesional, administrativo comercial, administrativo de xestión e de persoal, contable, administrativo de banca e institucións financeiras, responsable de tesouraría, responsable de medios de pagamento, responsable de carteira, responsable de valores, responsable de estranxeiro, administrativo da Administración pública, técnico en xestión de cobros, auxiliar de auditoría, axente comercial de seguros e bancos e institucións financeiras. Xestores administrativos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración pública 90
Aplicacións informáticas e operatoria de teclados 240
Auditoría 75
Contabilidade e fiscalidade 265
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 55
Produtos e servizos financeiros e de seguros 90
Proxecto empresarial 165
Proxecto integrado 110
Recursos humanos 130
Xestión comercial e servizos de atención ao cliente 75
Xestión de aprovisionamento 110
Xestión financeira 160

 

Que título se obtén?
Técnico superior en administración e finanzas.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontes de García Rodríguez, As 15021767 IES Plurilingüe Castro da Uz 881930001

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 881930145




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).