MTMV50

 

MTMV50 - Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

Curso de especialización
Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 650
Código: MTMV50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar operacións de mantemento, montaxe de elementos e conxuntos, localización de avarías, reparación, verificación e axuste, en vehículos con sistemas de propulsión híbridos e eléctricos, seguindo especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental, cumprindo a normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción e mantemento de vehículos híbridos e eléctricos e en subsectores de automóbiles.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico de mantemento de vehículos eléctricos, técnico de mantemento de vehículos híbridos, técnico instalador de accesorios de vehículos, vendedor/distribuidor de recambios e equipos de diagnoses, técnico de montaxe en empresas de fabricación de vehículos, técnico reparador de sistemas pneumáticos e hidráulicos, técnico reparador de sistemas de transmisión e freos, técnico reparador de sistemas de dirección e suspensión, técnico reparador de sistemas eléctricos e de carga, operario de empresas de fabricación de recambios e operario de centros autorizados de tratamento (CATs) de vehículos eléctricos e/ou híbridos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5064 Formación en centros de traballo 120
MP5060 Seguridade en vehículos híbridos e eléctricos 87
MP5061 Sistemas de propulsión en vehículos híbridos e eléctricos 160
MP5062 Sistemas eléctricos de alta voltaxe, baterías e recarga 150
MP5063 Transmisión de forzas e xestión térmica 133

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36014489 CIFP A Xunqueira 986873003




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).