MFME01

 

MFME01 - Mecanizado

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MFME01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0004 Fabricación por arranque de labra 400 15
MP0008 Formación e orientación laboral 107 4
MP0007 Interpretación gráfica 133 5
MP0001 Procesos de mecanizado 160 6
MP0005 Sistemas automatizados 160 6
MP0009 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0003 Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais 140 8
MP0010 Formación en centros de traballo 410
MP0002 Mecanizado por control numérico 314 18
MP0006 Metroloxía e ensaios 123 7




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).