D3SSC000600
D3SSC000600 - LOOIFP | Formación para a mobilidade segura e sostible
Que se aprende a facer?
Deseñar, impartir e avaliar o ensino dirixido á educación e á formación viaria, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade e sustentabilidade ambiental, así como á mobilidade nas vías públicas, incluíndo a relativa á convivencia cos distintos modos de transporte e o seu uso en condicións de seguridade, formando e sensibilizando aspirantes á obtención do permiso ou a licenza de condución, a condutores e condutoras e, en xeral, a calquera persoa usuaria da vía, educando en valores de seguridade viaria e sustentabilidade ambiental do transporte e instruíndo en prevención de accidentes viarios laborais e en mobilidade sustentable e segura.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á formación de condutores e condutoras para a obtención das autorizacións administrativas para conducir e, en xeral, á formación para a seguridade viaria. Tamén poderán exercer funcións relacionadas coa educación viaria, a seguridade viaria laboral e a mobilidade segura e sustentable, en entidades públicas e privadas.
Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de formación viaria; director/a de escolas de condutores/as; formador/a de cursos de sensibilización e reeducación viaria; formador/a de cursos de mercadorías perigosas; director/a de centros de formación de mercadorías perigosas; educador/a en programas ou actividades de educación viaria en centros educativos, centros de maiores, concellos, asociacións, empresas, e administracións de ámbito estatal, autonómico ou local; asesor/a de seguridade viaria laboral en entidades públicas e privadas; asesor/a en plans de mobilidade en entidades públicas e privadas; docente en seguridade viaria; monitor/a de cursos de condución segura.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP1658 | Didáctica da formación para a seguridade viaria | 106 | 4 | |
| 1º | MP1656 | Educación viaria | 151 | 6 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 53 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP1657 | Seguridade viaria | 178 | 6 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP1653 | Técnicas de condución | 76 | 3 | |
| 1º | MP1654 | Tecnoloxía básica do automóbil | 50 | 2 | |
| 1º | MP1651 | Tráfico, circulación de vehículos e transporte por estrada | 202 | 8 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1655 | Didáctica do ensino práctico da condución | 437 | 16 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP1659 | Mobilidade segura e sostible | 164 | 6 | |
| 2º | MP1652 | Organización da formación das persoas condutoras | 137 | 5 | |
| 2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 82 | 3 | |
| 2º | MP1660 | Proxecto intermodular de formación para a mobilidade segura e sostible | 50 | 0 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ourense | 32016765 | CIFP Portovello | 988788901 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).