D3MAP000300

 

D3MAP000300 - LOOIFP | Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións

Ciclo formativo
Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3MAP000300
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar ou supervisar os traballos de mantemento da planta propulsora, maquinaria auxiliar e servizos do buque, a partir da información técnica, así como organizar o servizo de mantemento e montaxe deses elementos en embarcacións en terra, definindo recursos, dirixindo equipos humanos e organizando e realizando as gardas de máquinas, e realizar as tarefas de mantemento, regulación e control garantindo a seguridade da travesía en condicións de calidade e seguridade laboral e ambiental definidas.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade como oficial de máquinas; primeiro oficial e xefe de máquinas en buques e embarcacións de buques civís e de pesca, así como en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño dedicadas á construción, a reparación e o mantemento naval, tanto por conta propia como allea. Así mesmo, poderán empregarse, por conta propia ou allea, en pequenas e medianas empresas, de natureza pública ou privada, dedicadas á construción e o mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. En determinadas circunstancias, deberán facer uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de máquinas, de acordo coas atribucións establecidas para o mecánico maior naval; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; inspector en empresas pesqueiras; xefe de equipo de mantemento electromecánico de instalacións de industrias manufactureiras e de instalación e mantemento de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización; xefe de taller de sistemas eléctrico-electrónicos de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de frío e climatización, e de servizo de fluídos de embarcacións deportivas e de recreo; encargado de taller de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo; perito taxador de embarcacións deportivas e de recreo.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP0802 Organización da asistencia sanitaria a bordo 52 2
MP1308 Organización do mantemento de planta propulsora e maquinaria auxiliar de buques 233 9
MP1311 Organización do mantemento e da montaxe de instalacións e sistemas eléctricos de buques e embarcacións 181 7
MP1309 Organización do mantemento en seco de buques e embarcacións, e montaxe de motores térmicos 207 8
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0800 Control das emerxencias 248 9
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1314 Organización da garda de máquinas 83 3
MP1312 Organización do mantemento e da montaxe de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización de buques e embarcacións 248 9
MP1313 Planificación do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións 83 3
MP1310 Programación e mantemento de automatismos hidráulicos e pneumáticos en buques e embarcacións 248 9
MP1315 Proxecto intermodular de organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións 50

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820
Ferrol 15028038 ESCO Náutico-Pesqueira 881938212
Ribeira 15027812 ESCO Oficial Náutico-Pesqueira 881866317

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011804 INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico 886110825




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).