D3IMP000400

 

D3IMP000400 - LOOIFP | Caracterización e maquillaxe profesional

Ciclo formativo
Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3IMP000400
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar e realizar a montaxe de proxectos de caracterización para medios audiovisuais e escénicos, así como deseñar e realizar próteses, perrucas e maquillaxes sociais, profesionais e artísticas, coordinando os medios técnicos e humanos, e respectando os criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Caracterizador/ora; xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas; peiteador/ora para caracterización; maquillador/ora para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas; posticeiro/a; xefe/a de caracterización; xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais; especialista en próteses e efectos especiais de caracterización; deseñador/ora de personaxes de caracterización; formador/ora técnico/a en caracterización; técnico/a comercial.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
1º MP1264 Creación de próteses faciais e corporais 209 8
1º MP1267 Deseño dixital de personaxes 2D 3D 82 3
1º MP1268 Deseño gráfico aplicado 107 4
1º MP0179 Inglés profesional (GS) 53 2
1º MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
1º MP0685 Planificación e proxectos 107 4
1º MP1266 Postizaría 184 7
1º MP1269 Produtos de caracterización e maquillaxe 82 3
1º MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
2º MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
2º MP1261 Caracterización de personaxes 219 8
2º MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
2º MP1263 Efectos especiais a través da maquillaxe 137 5
2º MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
2º MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
2º MP1262 Maquillaxe profesional 263 10
2º MP1265 Peiteado para caracterización 193 7
2º MP1270 Proxecto intermodular de caracterización e maquillaxe profesional 50




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).