D3ELE000500

 

D3ELE000500 - LOOIFP | Electromedicina clínica

Ciclo formativo
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3ELE000500
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xestionar e realizar a montaxe e o mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica, considerando as recomendacións do fabricante, os requisitos oportunos de calidade e de seguridade, e a normativa vixente aplicable.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en servizos técnicos dedicados á montaxe e/ou ao mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica pertencentes a centros sanitarios públicos ou privados, e nos departamentos de asistencia técnica ou atención á clientela dedicados a asesoramento e/ou execución da montaxe e/ou o mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica, pertencentes a empresas fabricantes, distribuidoras ou provedoras dos devanditos servizos, de natureza pública ou privada, con independencia da súa forma xurídica e do seu tamaño, por conta propia ou allea. As actividades que se desenvolven no seu ámbito profesional están sometidas a regulación polas administracións competentes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de instaladores/as de sistemas de electromedicina; coordinador/a e supervisor/a de mantemento de sistemas de electromedicina; especialista de aplicacións electromédicas; especialista de produto de sistemas de electromedicina; asesor/a técnico/a de sistemas de electromedicina; técnica/o en electrónica, especialidade en electromedicina; instalador/a reparador/a en electromedicina.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés profesional (GS) 53 2
MP1585 Instalacións eléctricas
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP1589 Sistemas de monitorización, rexistro e coidados críticos
MP1588 Sistemas de radiodiagnóstico, radioterapia e imaxe médica
MP1586 Sistemas electromecánicos e de fluídos
MP1587 Sistemas electrónicos e fotónicos
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP1592 Tecnoloxía sanitaria no ámbito clínico




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).