D2TMV000300
D2TMV000300 - LOOIFP | Electromecánica de maquinaria
Que se aprende a facer?
Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática, electricidade e electrónica do sector de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil: empresas de fabricación de maquinaria agrícola, Empresas de fabricación de maquinaria de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de reparación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de montaxe e ensamblaxe de sistemas, de equipamentos e apeiros de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de transformación e adaptación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, fabricación e distribución de recambios, distribución de equipamentos de diagnose.
Que ocupacións se desempeñan?
Electromecánico/a de maquinaria agrícola, electromecánico/a de máquinas de industrias extractivas, electromecánico/a de máquinas de edificación e obra civil, electromecánico/a axustador/ora de equipamentos de inxección diésel, verificador/ora de maquinaria agrícola e industrial, reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos, reparador/ora de sistemas de transmisión e freos, reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión, instalador/ora de accesorios, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose, operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0717 | Equipamentos e apeiros | 122 | 5 | |
| 1º | MP0156 | Inglés profesional (GM) | 50 | 2 | |
| 1º | MP0156 | Inglés profesional (GM) | 50 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 | 4 | |
| 1º | MP0452 | Motores | 131 | 5 | |
| 1º | MP0456 | Sistemas de carga e arranque | 157 | 6 | |
| 1º | MP0714 | Sistemas de suspensión e guía | 246 | 9 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 2º | MO0003 | Afondamento nas competencias profesionais (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0718 | Circuítos eléctricos, electrónicos e de confortabilidade | 191 | 7 | |
| 2º | MP1664 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0001 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GM) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP1713 | Proxecto intermodular (GM) | 50 | 0 | |
| 2º | MP0742 | Sistemas auxiliares do motor diésel | 191 | 7 | |
| 2º | MP0716 | Sistemas de accionamento de equipamentos e apeiros | 219 | 8 | |
| 2º | MP0715 | Sistemas de forza e detención | 219 | 8 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Santa Comba | 15026030 | IES Terra de Xallas | 881867080 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ponteareas | 36014520 | IES Plurilingüe Pedra da Auga | 886121205 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).