D2MAP000100
D2MAP000100 - LOOIFP | Cultivos acuícolas
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades destinadas á produción de especies acuícolas e o mantemento básico das instalacións, conseguindo a calidade operacional requirida e cumprindo a normativa de aplicación, a ambiental e a de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de acuicultura, acuarios, centros de investigación e confrarías de mariscadores, nas áreas de produción de cultivos auxiliares, produción de peixes, d moluscos, e na de mantemento de instalacións acuícolas, por conta propia ou por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Traballador de cultivos de fitoplancto e zooplancto, crustáceos, peixes de engorde en augas de mar e continentais, moluscos no medio natural, en estruturas flotantes ou somerxidas e en parque, en reprodución de crustáceos e peixes en augas mariñas e continentais, en cultivo larvario de moluscos, crustáceos e peixes en augas mariñas; reparador e mantedor de edificios e estruturas de cultivo e de circuítos de fluídos en instalacións acuícolas; instalador, reparador e mantedor de sistemas de cultivo de peixes, moluscos e crustáceos; reparador, mantedor e axustador de equipamentos de climatización, produción de calor e frío, filtración, alimentadores, bombeamento, dosificación e tratamento de fluídos en instalacións acuícolas; encargado/a de taller en instalacións acuícolas, xefe/a de equipo de instaladores/oras, axustadores/oras, reparadores/oras e mantedores/oras en instalacións acuícolas.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0156 | Inglés profesional (GM) | 60 | 2 | |
| 1º | MP0706 | Instalacións e equipamentos de cultivo | 182 | 7 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0703 | Técnicas de cultivos auxiliares | 187 | 7 | |
| 1º | MP0705 | Técnicas de engorda de moluscos | 181 | 7 | |
| 1º | MP0704 | Técnicas de engorda de peixes | 213 | 8 | |
| 2º | MO0003 | Afondamento nas competencias profesionais (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1664 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0001 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GM) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP1713 | Proxecto intermodular (GM) | 50 | 0 | |
| 2º | MP0708 | Técnicas de criadeiro de moluscos | 273 | 10 | |
| 2º | MP0707 | Técnicas de criadeiro de peixes | 274 | 10 | |
| 2º | MP0709 | Técnicas de cultivo de crustáceos | 273 | 10 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Illa de Arousa, A | 36020209 | IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura | 886159304 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Cervo | 27016509 | IES Marqués de Sargadelos | 982870193 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).