D2COM000200

 

D2COM000200 - LOOIFP | Comercialización de produtos alimentarios

Ciclo formativo
Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: medio
Horas: 2000
Código: D2COM000200
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades comerciais en establecementos alimentarios físicos e en liña relacionadas coa planificación comercial, a xestión da loxística de almacenaxe, a distribución e a reposición de produtos alimentarios, e a supervisión das seccións de venda de alimentos perecedoiros e non perecedoiros, e de atención comercial a clientela e provedores, seguindo criterios de calidade e actuando segundo a normativa de prevención de riscos, seguridade alimentaria e protección do/da consumidor/a.

 

En que ámbitos se traballa?
Ámbito do comercio de produtos alimentarios, físico ou en liña, en calquera empresa ou organización, en tendas retallistas de alimentación ou nos departamentos correspondentes de grandes superficies, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable encargado/a de establecemento alimentario; de sección, sala ou departamento de tenda de alimentación; xestor/a de pequeño comercio alimentario; responsable encargado/a de comercios alimentarios en liña; asesor/a comercial de produtos alimentarios; vendedor/a de produtos alimentarios.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MO0003 Afondamento nas competencias profesionais (GM) 30 1
MP1609 Atención comercial en negocios alimentarios
MP1613 Comercio electrónico en negocios alimentarios
MP1606 Constitución de pequenos negocios alimentarios
MO0001 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GM) 60 2
MP0156 Inglés
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP1607 Mercadotecnia do comercio alimentario
MP1614 Ofimática aplicada ao comercio alimentario
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP1615 Xestión dun comercio alimentario
MP1608 Dinamización do punto de venda en comercios de alimentación 165 6
MP1664 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GM) 30 1
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1612 Loxística de produtos alimentarios 221 8
MP1611 Preparación e acondicionamento de produtos frescos e transformados 359 13
MP1713 Proxecto intermodular (GM) 50 0
MP1610 Seguridade e calidade alimentaria no comercio 165 6

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15005257 IES Ramón Menéndez Pidal 981203000
Ferrol 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 881930145
Santiago de Compostela 15026753 IES A Pontepedriña 881867152

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32016765 CIFP Portovello 988788901

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36018677 IES Luís Seoane 986857700
Vigo 36011579 IES A Guía 886111003




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).