D2ARG000200

 

D2ARG000200 - LOOIFP | Preimpresión dixital

Ciclo formativo
Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: medio
Horas: 2000
Código: D2ARG000200
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en preimpresión, técnico/a en tratamento de textos, técnico/a en tratamento deimaxes, maquetador/ora compaxinador/ora dixital, técnico/a en publicacións electrónicas e multimedia, preparador/ora de ficheiros dixitais, escanista especialista de cor, técnico/a en imposición dixital, operador/ora de equipamentos de filmación de computador a prancha(computer to plate - CTP), operador/ora de equipamentos de filmación de computador apantalla (computer to screen - CTS), operador/ora de equipamentos de filmación de computador a fotopolímero (computer to photopolymer - CTP), técnico en impresión dixital.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0872 Ensamblaxe de publicacións electrónicas 183 7
MP0871 Identificación de materiais en preimpresión 106 4
MP0156 Inglés profesional (GM) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0867 Tratamento de imaxe en mapa de bits 237 9
MP0866 Tratamento de textos 237 9
MO0003 Afondamento nas competencias profesionais (GM) 30 1
MP0870 Compaxinación 301 11
MP1664 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GM) 30 1
MO0001 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GM) 60 2
MP0873 Ilustración vectorial 136 5
MP0868 Imposición e obtención dixital da forma impresora 164 6
MP0869 Impresión dixital 219 8
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1713 Proxecto intermodular (GM) 50 0

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15004204 IES Rosalía Mera 981252600
Ferrol 15021469 CIFP Leixa 881938125
Santiago de Compostela 15016000 CIFP Compostela 881866570

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36006419 CIFP Montecelo 986850261
Vigo 36011609 CPR Colegio Hogar Afundación 986414311

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).