D2AGA000200
D2AGA000200 - LOOIFP | Produción agropecuaria
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade, realizando operacións de produción e de mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.
En que ámbitos se traballa?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira, por conta allea ou por conta propia. Sitúanse dentro do sector agropecuario as seguintes actividades produtivas: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos; explotacións pecuarias; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira; empresas de servizo á agricultura e á gandaría; viveiros e hortas escolares; granxas escola.
Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea en cultivos e gandaría, traballador/ora cualificado/a por conta propia en cultivos e gandaría, agricultor/ora, horticultor/ora, fruticultor/ora, floricultor/ora, criador/ora de gando, avicultor/ora, apicultor/ora, produtor/ora de leite, produtor/ora de ovos, operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | 131 | 5 | |
| 1º | MP0405 | Fundamentos zootécnicos | 157 | 6 | |
| 1º | MP0475 | Implantación de cultivos | 157 | 6 | |
| 1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | 107 | 4 | |
| 1º | MP0156 | Inglés profesional (GM) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | 80 | 3 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | 131 | 5 | |
| 2º | MO0003 | Afondamento nas competencias profesionais (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0479 | Control fitosanitario | 109 | 4 | |
| 2º | MP1664 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GM) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0001 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GM) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0476 | Produción agrícola | 273 | 10 | |
| 2º | MP0478 | Produción de carne e outras producións gandeiras | 219 | 8 | |
| 2º | MP0477 | Produción de leite, ovos e animais para vida | 219 | 8 | |
| 2º | MP1713 | Proxecto intermodular (GM) | 50 | 0 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Boqueixón | 15013254 | CFEA de Sergude | 881867325 |
| Coristanco | 15021974 | EFAG Fonteboa | 981733051 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Castro de Rei | 27015891 | IES da Terra Chá, José Trapero Pardo | 982870144 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Xinzo de Limia | 32014801 | IES Cidade de Antioquía | 988788534 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).