D1IMA001100
D1IMA001100 - LOOIFP | Mantemento de vivendas
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de montaxe e mantemento de elementos de fontanaría, calefacción e climatización, pequenas reparacións e substitución de elementos sinxelos en instalacións electrotécnicas, en revestimentos continuos, en azulexado e en pintura, así como a montaxe e a colocación de moblaxe prefabricada e complementos mobiliarios da vivenda, coa calidade indicada, aplicando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nal-gunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante/a de pintor/ora; de mantemento de instalacións electrotécnicas; de fontaneiro/a; axudante/a montador/ora de equipamentos de calefacción; de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga; montador/ora de mobles prefabricados de madeira ou similares.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | AM3163 | Ciencias aplicadas I | 146 | 5 | |
| 1º | AM3161 | Comunicación e ciencias sociais I | 175 | 6 | |
| 1º | MP3024 | Fontanaría e calefacción básica | 157 | 5 | |
| 1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 60 | 2 | |
| 1º | MP3025 | Montaxe de equipamentos de climatización | 97 | 4 | |
| 1º | MP3090 | Operacións de conservación na vivenda e montaxe de accesorios | 275 | 9 | |
| 2º | AM3164 | Ciencias aplicadas II | 146 | 7 | |
| 2º | AM3162 | Comunicación e ciencias sociais II | 125 | 6 | |
| 2º | MP3088 | Mantemento básico de instalacións electrotécnicas en viviendas | 449 | 11 | |
| 2º | MP3160 | Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa (GB) | 25 | 0 | |
| 2º | MP3023 | Redes de evacuación | 285 | 7 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Marín | 36015159 | IES Chan do Monte | 886151275 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).