D1HOT001300

 

D1HOT001300 - LOOIFP | Actividades de panadaría e pastelaría

Ciclo formativo
Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: básico
Horas: 2000
Código: D1HOT001300
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Facer a recepción de materias primas, preelaborar e elaborar produtos básicos de panadaría e pastelaría, presentalos para a súa venda e dispensalos, aplicando os protocolos establecidos, as normas de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En panadarías e pastelarías traballando por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas deste sector produtivo. Así mesmo, poden desenvolver a súa actividade seguindo instrucións e cun certo grao de autonomía, en pequenos establecementos dedicados á produción e á venda deses produtos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de panadaría e bolaría; de pastelaría, de almacén de pastelaría; empregado/a de establecemento de pastelaría; auxiliar de almacén; auxiliar de venda.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3005 Atención á clientela 58 2
AM3161 Comunicación e ciencias sociais I 175 6
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade 60 2
MP3133 Operacións auxiliares na industria alimentaria 146 5
MP3017 Procesos básicos de pastelaría 325 11
AM3164 Ciencias aplicadas II 146 7
AM3162 Comunicación e ciencias sociais II 125 6
MP3026 Dispensación en panadaría e pastelaría 285 7
MP3007 Procesos básicos de panadaría 449 11
MP3160 Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa (GB) 25 0

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arteixo 15023314 IES de Sabón 881960140

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vilamarín 32016285 CIFP de Vilamarín 988685050




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).