BSSC11
BSSC11 - Actividades domésticas e limpeza de edificios
Que se aprende a facer?
Realizar actividades domésticas de limpeza, cociña, coidado de roupa e apoio a persoas no ámbito doméstico, así como realizar operacións básicas de limpeza en edificios,oficinas e locais comerciais, seguindo instrucións e respectando as normas de calidade e a normativa ambiental e de seguridade e hixiene no traballo vixente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en domicilios particulares e en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño, no sector da limpeza e hixienización de calquera clase de edificios,locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias,elementos de transporte (terrestre, aéreo ou marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana. Desempeñará as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa de persoal responsable, e poderá traballar de xeito autónomo ou integrarse nun equipo de traballo.
Que ocupacións se desempeñan?
Limpador/ora doméstico/a; cociñeiro/a doméstico/a; pasador/ora do ferro doméstico/a empregado/a de fogar; limpador/ora; peón especialista de limpeza; especialista de limpeza; limpador/ora de cristais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP3145 | Actividades de apoio a persoas non dependentes na unidade convivencial | 117 | 4 | |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | MP3102 | Cociña doméstica | 237 | 8 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3098 | Mantemento de pezas de vestir e roupa de fogar | 175 | 6 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3147 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3116 | Limpeza con máquinas | 90 | 4 | |
2º | MP3104 | Limpeza de domicilios particulares, edificios, oficinas e locais | 231 | 10 | |
2º | MP3146 | Seguridade no ámbito doméstico | 90 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Baiona | 36019657 | IES Primeiro de Marzo | 886110127 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).