Que se aprende a facer?
Programar, organizar, desenvolver e avaliar as actividades de integración social, valorando a información obtida sobre cada caso e determinando e aplicando as estratexias e técnicas máis adecuadas para o desenvolvemento da súa autonomía persoal e inserción ocupacional. Este técnico actuará, en calquera caso, baixo a supervisión xeral de licenciados e diplomados.
Onde se realiza o traballo?
Programación, organización e avaliación de intervencións de integración social e execución de actuacións que impliquen adestramento de habilidades nos usuarios.
En que postos de traballo?
Técnico de programas de axuda a domicilio, técnico de programas de prevención e inserción social, técnicos de inserción ocupacional, educador de equipamentos residenciais de diverso tipo, educadores de discapacitados (físicos, psíquicos e sensoriais), traballador familiar, e técnico de mobilidade básica.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Atención de unidades de convivencia | 130 |
Contexto e metodoloxía da intervención social | 130 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 740 |
Habilidades de autonomía persoal e social | 190 |
Horas á disposición do centro | 75 |
Inserción ocupacional | 110 |
Pautas básicas e sistemas alternativos de comunicación | 190 |
Proxecto integrado | 80 |
Que título se obtén?
Técnico superior en integración social.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.