S19007

 

S19007 - Laboratorio de diagnóstico clínico

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S19007
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas humanas, interpretando e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico e/ou orientados á investigación, actuando baixo normas de calidade, seguridade e ambientais, organizando e administrando as áreas asignadas no correspondente laboratorio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?
O técnico en laboratorio de diagnóstico clínico localízase nas funcións ou subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, prestación do servizo (toma de mostras no seu ámbito de competencias, preparación de reactivos e hemo-derivados, realización de técnicas analíticas en mostras biolóxicas humanas), control de calidade, investigación e docencia.

 

En que postos de traballo?
Técnico en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas 295
Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas 450
Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas 295
Horas á disposición do centro 80
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico 80
Proxecto integrado 70
Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas 295

 

Que título se obtén?
Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).