Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e da documentación clínica, codificándoa e garantindo o cumprimento das normas da administración sanitaria e dos sistemas de clasificación e codificación internacionais, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade de traballo, prestación de servizos e control de calidade.
En que postos de traballo?
Técnico de documentación sanitaria. Técnico de codificación. Unidades de documentación clínica. Arquivo de historias clínicas. Avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Aplicacións informáticas xerais | 80 |
Codificación de datos clínicos e non clínicos | 290 |
Definición e tratamento de documentación clínica | 110 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 440 |
Horas á disposición do centro | 50 |
Organización de arquivos clínicos | 130 |
Proxecto integrado | 80 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Validación e explotación das bases de datos sanitarias | 110 |
Que título se obtén?
Técnico superior en documentación sanitaria.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.