Que se aprende a facer?
Organizar, xestionar e controlar a produción en industrias da madeira e o moble, programando, preparando e supervisando os recursos e traballos necesarios para a transformación da madeira e a cortiza e a fabricación e instalación de carpintaría e moble.
Onde se realiza o traballo?
Fabricación (almacén de materiais, preparación, transformación, mecanizado, montaxe, acabado, embalaxe e almacén de produtos) e instalación, desenvolvendo funcións en xestión de almacén, organización e control da produción (operacións, seguridade, mantemento e control de calidade en proceso).
En que postos de traballo?
Técnico en xestión de almacén en industrias da madeira, técnico en organización da produción en industrias da madeira, técnico en mecanizado da madeira e programación en control numérico, técnico en xestión e control da produción en industrias da madeira.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Acabado industrial en carpintaría e moble | 185 |
Fabricación automatizada en industrias da madeira e o moble | 145 |
Fabricación e instalación de carpintaría e moble | 265 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Organización da produción en industrias da madeira e o moble | 145 |
Plans de seguridade en industrias da madeira e o moble | 55 |
Procesos en industrias da madeira | 185 |
Proxecto integrado | 95 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Transformación de madeira e cortiza | 135 |
Xestión da calidade en industrias da madeira e o moble | 55 |
Xestión de almacén en industrias da madeira e o moble | 55 |
Xestión e control da produción en industrias da madeira e o moble | 110 |
Que título se obtén?
Técnico superior en produción de madeira e moble.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.