S12002

 

S12002 - Estética

Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S12002
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Potenciar a imaxe física asesorando ao cliente, avaliando as súas necesidades estéticas e aplicando os tratamentos e os coidados estéticos necesarios en condicións de calidade e seguridade e hixiene óptimas. Administrar, xestionar e organizar un instituto de beleza desenvolvendo adecuadamente a actividade empresarial, baixo a supervisión correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?
Organización e execución da prestación do servizo, así como na administración e organización da empresa.

 

En que postos de traballo?
Director de salón ou de instituto de beleza, esteticista e masaxista.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Anatomía, fisioloxía e patoloxía humanas aplicadas á estética integral 160
Cosmetoloxía aplicada á estética integral 185
Depilación 130
Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral 150
Electroestética 135
Estética hidrotermal 135
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 75
Masaxe 200
Microimplantación de pigmentos 90
Proxecto integrado 90
Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos 135

 

Que título se obtén?
Técnico superior en estética.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).