Que se aprende a facer?
Administrar, planificar e organizar establecementos, áreas ou departamentos de restauración, deseñando e comercializando a súa oferta gastronómica.
Onde se realiza o traballo?
Administración, márketing estratéxico e operacional, compras/contratación, elaboración e/ou servizo de alimentos e bebidas e control.
En que postos de traballo?
Xefe de economato e adega. Xefe de comedor ou director de restauración ou banquetes. Xefe de compras. Director de produción. Director de alimentación e bebidas. Responsable de alimentación nun "cátering". Consultor.
Cales son os módulos deste ciclo?
Administración de establecementos de restauración | 160 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Lingua estranxeira (inglés) | 130 |
Márketing en restauración | 130 |
Procesos de cociña | 295 |
Procesos de pastelaría e panadaría | 160 |
Procesos de servizo | 295 |
Proxecto integrado | 130 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Segunda lingua estranxeira | 130 |
Que título se obtén?
Técnico superior en restauración.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.