Que se aprende a facer?
Definir e obter imaxes fixas ou móbiles, en calquera soporte e formato, por medios fotográficos, cinematográficos ou videográficos, e iluminar espazos escénicos, determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.
Onde se realiza o traballo?
Obtención de imaxes e iluminación de espazos escénicos, control da calidade técnica e formal.
En que postos de traballo?
Fotógrafo, técnico en cámara de vídeo, televisión e cine, técnico en iluminación de cine, vídeo, televisión e espectáculos, e técnico en imaxe.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Aplicacións fotográficas | 235 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Iluminación de espazos escénicos | 240 |
Imaxe audiovisual | 200 |
Imaxe fotográfica | 270 |
Medios e linguaxes de comunicación visual | 130 |
Medios fotográficos e audiovisuais | 130 |
Proxecto integrado | 90 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Xestión de calidade do procesamento e tratamento fotográfico e cinematográfico | 80 |
Que título se obtén?
Técnico superior en imaxe.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.