S06003

 

S06003 - Xestión do transporte

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S06003
Documentación: RD
DOG
DOC
Observacións:

 

Que se aprende a facer?
Xestionar e comercializar o servizo de transporte de mercadorías e viaxeiros de acordo con especificacións recibidas, e organizar e planificar a explotación das operacións terrestres no ámbito nacional e internacional e no marco dos obxectivos e procesos establecidos.

 

Onde se realiza o traballo?
Procesos de xestión administrativa do transporte: elaboración de documentos específicos do transporte internacional e nacional de mercadorías e viaxeiros. Procesos de atención e negociación: de planificación e control das operacións terrestres; métodos de traballo e estudo de tempos aplicables ao transporte, organización de almacéns. Sistemas de distribución nacional e internacional de mercadorías.

 

En que postos de traballo?
Xefe de tráfico ou xefe de circulación, transitarios, axente comercial, consignatario marítimo, xefe de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e/ou multimodal, xefe de almacén e inspector (transporte de viaxeiros por estrada).

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Almacenaxe de produtos 105
Aplicacións informáticas de propósito xeral 110
Comercialización do servizo de transporte 185
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Lingua estranxeira (inglés) 130
Organización do servizo de transporte terrestre 215
Planificación e xestión da explotación do transporte terrestre 215
Proxecto integrado 75
Relacións no contorno de traballo 55
Xestión administrativa do comercio internacional 185
Xestión administrativa do transporte 210

 

Que título se obtén?
Técnico superior en xestión do transporte.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).