Que se aprende a facer?
Xestionar os plans de actuación relacionados coas operacións de compra-venda, almacenamento, distribución e financiamento no ámbito internacional, de acordo con obxectivos e procedementos establecidos.
Onde se realiza o traballo?
Compras, vendas, almacenaxes, distribución e administración.
En que postos de traballo?
Técnico en comercio exterior, operacións exteriores (banca), loxística, administración do comercio internacional, transporte internacional, compras, vendas, márketing internacional e almacenaxe de produtos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos profesionais | Horas |
Almacenaxe de produtos | 130 |
Aplicacións informáticas de propósito xeral | 110 |
Financiamento internacional | 160 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Lingua estranxeira en comercio internacional (inglés) | 160 |
Márketing internacional | 215 |
Medios de pagamento internacionais | 90 |
Negociación internacional | 110 |
Proxecto integrado | 90 |
Segunda lingua estranxeira | 130 |
Transporte internacional de mercadorías | 130 |
Xestión administrativa do comercio internacional | 185 |
Que título se obtén?
Técnico superior en comercio internacional.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.