S03001

 

S03001 - Navegación, pesca e transporte marítimo

Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S03001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Planificar e dirixir a navegación, seguridade do buque e tripulación observando a normativa nacional e internacional. Planificar e dirixir as operacións de carga, descarga e estiba, así como as actividades extractivas, controlando e mellorando a produción.

 

Onde se realiza o traballo?
Produción (organización e supervisión), execución e control de proceso.

 

En que postos de traballo?
Inspector de flota ou xefe de persoal de flota en empresas armadoras. Deseñador, planificador ou supervisor de montaxe e armado de artes e aparellos de pesca en rederías. Oficial encargado da garda ou ao mando de embarcacións dedicadas á vixilancia fiscal, inspección pesqueira e investigación oceanográfica. Integrante do equipo técnico do departamento de investigación, en tanques de ensaios hidrodinámicos de artes e aparellos, tras un período de formación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Atención sanitaria de urxencia a bordo 110
Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración 55
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 710
Goberno do buque 240
Horas á disposición do centro 60
Lingua estranxeira (inglés) 130
Manobra e carga do buque 210
Pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercial 210
Proxecto integrado 55
Relacións no contorno de traballo 55
Seguridade, prevención e supervivencia no mar 110

 

Que título se obtén?
Técnico superior en navegación, pesca e transporte marítimo.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).